martes, 24 de marzo de 2015

Ter ou non ter, he ahí a cuestión.


Sentouse no bordo do céspede e contemplou o sol poñerse. Dende o máis alto da ladeira, tiña unha vista espectacular. Reflexionou sobre o absurdo significado daquel vocablo. Ter. Temos realmente todo o que dicimos que temos? Naquel preciso intre contemplaba aquela fermosa paisaxe porque o mundo, a sorte ou quizais o tan sobrevalorado destino así o quixeron. Pero ela sabía no fondo da súa escorregadiza alma que non era así, que en verdade a expresión correcta non era "ter unha vista fermosa", senón "disfrutar dunha vista fermosa", porque as cousas non hai que limitarse a telas, hai que disfrutalas. Pensándoo ben, quen somos nós para facernos posuidores do momento no que se cae unha folla xa seca dunha árbore? Dun mar bravío nun tormentoso día de inverno? Das lembranzas dun ser querido que xa finou? Dun coidadoso e tenro bico no bordo dos beizos? Ninguén. Non somos ninguén para decidir os máxicos momentos cos que a vida decide agasallarnos. Por iso decatouse, nese preciso instante, observando o sol pousarse sobre o horizonte, irónico, despecíndose dela; as antigas e pequenas casas, que semellaban de xoguete, arrecunchadas nas ladeiras menos inclinadas; a inusitada beleza dos cabalos, vacas e ovellas repartidos como pingas rematadas de caer sobre a verde ladeira primaveral; as brancas nubes desprazándose arreciadas polo vento a través do ceo azul celeste, nunha eterna carreira sen gañadores; observou así mesmo a tersura das súas pequenas mans, cada longo dedo, cada unlla rosada, cada mínima engurra formada ao doblar as dedas, cada unha das finas liñas que recubrían as palmas das súas mans, e que se acentuaban ao movelas de determinados xeitos, cada vena e cada óso dos seus cotenos... estaba cada vez máis claro na súa mente. Nós, as persoas, sabedoras de tódalas ciencias, coñecedoras de tódalas artes, pensadoras de que somos as amas do mundo. Non temos nin idea de nada. Iso sí que non o temos. E é que non se trata de ter, de posuir, de pensar no que é noso ou nos pertence, de salvar o que poidamos. Trátase de vivir, de disfrutar, de coñecer os máis fermosos intres e deixar que enchan a túa alma, de sentir toda a pel do corpo pórse de galiña, de deixar as cousas como están, contemplalas e aprender delas, porque levan moitísimo máis tempo no mundo, e son as verdadeiras experimentadas. O sol, as nubes, as ladeiras, Trátase de soñar, de ser feliz, porque de ter ou non ter xa está o mundo canso. Necesitamos máis xente que disfrute, e menos xente paspana que se limite a ter. E ti? Tes ou disfrutas?