viernes, 23 de marzo de 2012

As bágoas da chuvia.

Expresión de sentimentos contraposotos. Náufragos dos meus ollos. Sabor salgado da miña vida. Pequenas pingas perfectas de dor e tristura, de ledicia ou rabia. Amargas ás veces, doces outras. Auga cargada de sentimentos. Regalo para os meus beizos. Tristura do corazón, escusa dos namorados lonxanos, dos grandes encontros, das grandes despedidas, de problemas non resoltos. Vergoña dos enfadados co mundo, consolo dos abatidos. Dor no peito pola emoción contida. Ronseles de pinceladas dunha vida. Murmurios da alma. Pequenas señoritas á carreira, provocando o desenfoque do mundo. Se te fixas ben, en cada pequena pinga aparecen reflexadas tódalas palabras que non dixeches, ou aquelas polas que falaches de máis, motivos de alegría e grandes penas. Cando unha delas queda prendida no teu dedo, non te limites a esquecela. Obsérvaa con detenemento, escoita o teu interior, non fagas uso do racional, aprende a mirala con outros ollos, cos do corazón, e descubrirás así todo aquilo que ata entón non viras.

Para algúns é un sixelo fenómeno biolóxico, para outros é a cousa máis fermosa que endexamais se puido observar. Ti decides con qué ollos queres mirar as bágoas da túa vida.






No hay comentarios:

Publicar un comentario