miércoles, 16 de abril de 2014

O todo non sería todo se non houbese nada.


E doulle mil berros á vida, pero non me entende. E é normal, porque nin tan sequera eu me entendo. Fico tralo teu andar agarimoso de néboas e noites estreladas. Créome defensora de causas perdidas e amante de libros afogados, abandonados. Sinto que necesito folgos, e logo ven o teu sorriso, sempre preciso. Pequeno vagalume, onde alumarás, en qué vida, a qué soños, en qué tempos. E non sei se é que non te decatas, ou que simplemente es un preguiceiro, pero que saibas que a miña alma parece adormecida ata que vexo esa expresión na túa mirada. E despois volvo dubidar, apreta o medo, e coma unha andoriña voan as miñas cavilacións, ben arriba, indo a ningures. Sobrepasando nubes de tormenta, subestimando cada pinga de auga, abrazando ao vento e gañando carreiras á lúa, beliscando ao sol. Non tiña nin idea de que se podía sentir cun corazón de pedra, non sabía que aos que somos fríos de mente e trémulos, tolos de espírito, tamén nos pode queimar a mágoa. Que se pode sentir todo, sen sentir absolutamente nada. 

E é que ás veces peco de invencible.


No hay comentarios:

Publicar un comentario